Fecha de inicio:
22/04/2026
Fecha de fin:
22/04/2026
Hora estimada:
23:59
Lugar:
Vigo
Info:

Celebración do Día do Libro 2026

O Concello conmemora este ano o Día do Libro na nosa cidade con tres xornadas de actividades para todas as idades. O programa inclúe encontros con escolares, faladoiros con narradores e poetas, ilustración en directo ou lecturas públicas.

Os días 23, 24 e 25 de abril, Vigo lembrará, cun programa ambicioso e coherente, a tradición editorial e literaria da nosa cidade. Aquí iniciouse o Rexurdimento da nosa literatura. E tamén foi Vigo o lugar onde investigou e resolveu os seus casos o gran Leo Caldas, o personaxe das novelas de Domingo Villar.

O obxectivo central desta programación é que a cidade de Vigo participe e goce do Día do Libro con actividades centradas na lectura e no libro, nas escritoras e escritores e na reflexión sobre a importancia do libro e da lectura nas nosas vidas. Ao tempo, quere servir de homenaxe á figura de Domingo Villar. 

Búscase a participación de toda a cidadanía, por unha banda, na figura dos colexios participantes e, por outra, nas lecturas abertas ao público.

Cando:

Do 23 de Abril ata o 25 de Abril de 2026

Horario:

Ver programa

Prezo:

Entrada libre

Máis información:

Fecha actualización del contenido:

2026-04-13 17:34
Fuente de los datos: Axenda de Vigo