Unha velada única onde a paixón española e a forza do épico atópanse nun mesmo escenario. O concerto une dúas obras mestras universais: o luminoso Concerto de Aranxuez de Joaquín Rodrigo e a explosiva Carmina Burana de Carl Orff, nun diálogo entre a alma de España e a enerxía irresistible da vida medieval.
Rolando Saad, mestre da guitarra española, guía ao público a través dos xardíns do Palacio de Aranxuez cunha interpretación que conmoveu a máis de dous millóns de espectadores en todo o mundo. Acompañado pola Orquestra e Coro do Teatro da Ópera e Ballet Académico Nacional de Odesa, Saad transmite o espírito alegre e nostálxico da obra máis emblemática de Rodrigo.
Carmina Burana, unha obra imprescindible para os amantes da vida, a arte e a sátira. Coa súa poderosa forza coral e orquestral, esta cantata baseada en antigos poemas medievais celebra o hedonismo, o amor, a fortuna cambiante e os praceres terreais, á vez que lanza unha crítica mordaz á sociedade. Estreada en 1937, segue sendo unha das pezas máis vibrantes e populares do repertorio clásico.
Dous mundos, unha noite. Desde a delicadeza dunha guitarra que evoca Andalucía até os coros incendiarios que celebran a intensidade de vivir.
Cando:
Venres, 30 de Xaneiro de 2026
Lugar:
Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo
Horario:
21.00 h
Prezo:
Entradas en https://www.teuticket.com


