Carmina Burana – La Fura dels Baus
Carlus Padrissa, membro fundador de La Fura dels Baus, concibiu un Carmina Burana trepidante onde o espectador, a través de impactantes escenas, efectos especiais e mesmo fragrancias primaverais, mergúllase de cheo no universo de La Fura dels Baus.
Sobre o escenario, un gran cilindro de dez metros de diámetro envolve literalmente á orquestra, mentres unhas imaxes proxectadas sobre el ilustran toda a obra de principio a fin. Unha lúa xigante, o desxeo, fervenzas de auga, unha éxtase floral, unha vendima en directo, viño, auga e lume… O Carmina Burana de La Fura dels Baus é un espectáculo sensorial, musical e teatral, vital e enérxico, que xa foi visto por máis de 410.000 espectadores en Europa, Asia e América.
1 h 30 min
Idade mínima: 10 anos
Cando:
Do 25 de Abril ata o 27 de Abril de 2025
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
Venres 25 ás 20.30 h.
Sábado 26 ás 17.30 h e 20.30 h.
Domingo 27 ás 18.00 h.
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com