CARAMUXO TEATRO: “CRISÁLIDA”Procedencia: GaliciaXénero: teatroIdade recomendada: a partir de 5 anosDuración: 50 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 5 €
Ficha técnica e artísticaDirección: Olga MargalloElenco: Laura Sarasola, Josito Porto, Juan Rodríguez e Anahí TaraburelliMonicreques: Iker PérezVestiario e escenografía: Diego ValeirasBanda sonora: Tito BarbeiroMáscaras: Antía Ferrer
Premio Maria Casares 2024 a mellor espectáculo para público familiar.
Sinopse:Crisálida é o espectáculo número 25 de Caramuxo Teatro, unha proposta para público familiar sen texto e con banda sonora orixinal onde a historia cóntase a través de máscaras, música, situacións e obxectos.
Crisálida é unha comedia que pon en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. Unha obra de teatro que homenaxea ao comercio de proximidade e ás tendas de toda a vida, espazos de convivencia e comunidade que son parte fundamental do noso patrimonio.
Cando:
Domingo, 12 de Abril de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
18:00 h
Prezo:
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes): • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


