"Miami 1990" é sorprendente! é un paseo por recordos que sinalaron o punto de partida da viaxe máis incríble de tres irmáns, a aventura de Café Quijano.
Cancións que seguen a estela, en forma e sonoridade, ás que marcaron unha época con "La Taberna del buda" (2001) e, posteriormente, á colección de historias contadas e cantadas no seu último álbum "Manhattan" (2021)
Este último traballo, "Miami 1990", é unha fresca continuación do son Quijano máis auténtico non sen certos retrincos sonoros noventeiros.
Novas curtametraxes convertidas en cancións que seguen sementando a dúbida sobre si eles son os protagonistas de semellantes historias. Como queira que sexa, gocemos desta nova colección de temas que levados ao directo prometen facer aínda máis espectacular o seu extraordinario show.
Sen dúbida, Café Quijano ten un dos directos máis espectaculares e sorprendentes que se poden ver sobre un escenario. Sinceramente, un show que non se esquece. Por mil razóns. Asistir a un dos seus concertos é perder a noción do paso do tempo, literalmente. As súas máis de dúas horas de auténtico espectáculo son unha viaxe trepidante a través de vinte e cinco anos de éxitos que seguen presentes en varias xeracións.
Cando:
Venres, 24 de Xaneiro de 2025
Lugar:
Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo
Horario:
21.00 h.
Prezo:
Venda de entradas en https://www.teuticket.com