CICLO: VIGOCULTURA
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro
Idade recomendada: adultos
Duración: 180 minutos (con descanso intermedio de 15 m)
Prezo de entrada: 10 €
Ficha técnica e artística
Elenco: Mónica García, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro, Lidia Veiga, Jorge de Arcos e Esther F. CarrodeguasCoreografía e ax. Dirección: Sabela DomínguezAsesoramento coreográfico tradicional: Artur Puga2º axte. Dirección: Antonio CastroEspazo sonoro e temazos: BertoEspazo escénico: Xavier Castiñeira e Diego ValeirasVestiario: Diego ValeirasIluminación: Diego Vilar–equipo creativo RTAAudiovisuais: Pablo FontenlaEditor fx: Antón MirandaAsistencia técnica: RTA–recursos técnicos artísticosTexto: Esther F. CarrodeguasDirección: Xavier CastiñeiraProdución: Juancho Gianzo e Esther F. Carrodeguas Entrevistas: Inma López Silva, Pablo Fontenla
Unha produción ButacaZero en coprodución co Centro Dramático Nacional e a MIT de Ribadavia.
Para traballar na escritura desta peza a autora gozou dun intercambio coa compañía Hika Teatroa, dentro do programa Cruces de Camiño Escena Norte, dunha Residencia Mariñán da Deputación de A Coruña e Axóuxere Editora e dunha residencia de escritura na Sala Beckett no ano 2023.
Descrición:
IRIBARNE é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só un aniño -coincidindo coa inauguración da ditadura de Primo de Rivera- tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o bacharel coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid -seguindo o rastro doutro galego ilustre- nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como el que máis pronto que tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.
IRIBARNE é unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente. Un intento (irreverente) por comprender como chegamos até aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón. Pero ollo: por máis que o poida parecer, isto NON é un biopic sobre Manuel Fraga. Teríanos encantado facelo… pero non collía nunha soa obra!
Cando:
Do 21 de Febreiro ata o 22 de Febreiro de 2025
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello
Horario:
20:00 h
Prezo:
10 €
ENTRADAS ESGOTADAS
Máis información: