O novo espectáculo de Budiño para este 2026, baseado no seu último traballo discográfico, "Branca Vela" está apoiado nunha posta en escena innovadora e unha coidada produción audiovisual, o artista promete un concerto inesquecible, momentos imprescindibles para os amantes da música de raíz e as propostas artísticas que desafían fronteiras.
Con este novo show, Budiño transportará ao público ao seu propio universo musical xunto cunha banda de novos talentos no que quere amosar en directo a consistencia de dúas décadas traballando co seu propio son, distinto, único, no que se entrelazan a percusión tradicional e a electrónica orgánica, reflictindo unha viaxe íntima polos sons clásicos do propio artista, combinando tradición, modernidade e unha identidade sonora inconfundible.
Este espectáculo marca un novo capítulo na traxectoria dun dos músicos máis destacados da escena galega e internacional, quen soubo evolucionar a súa arte sen perder a esencia das súas raíces. O espectáculo de “Branca Vela” para este 2026 é unha homenaxe á búsqueda constante de novos percorridos sonoros, un reflexo do espíritu inquedo e creativo de Budiño.
Cando:
Venres, 15 de Maio de 2026
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
20.30 h
Prezo:
Entradas en https://entradas.ataquilla.com


