Procedencia: GaliciaXénero: cantacontosIdade recomendada: familias con bebés de 0 a 3 anosDuración: 30 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 3 €
Lydia Botana:Coñecida coma Bolboreta, Lydia Botana é unha música multinstrumentista e pedagoga musical de espírito aventureiro que viaxou polo mundo como unha bolboreta, compartindo a música que compón e canta en varios idiomas polos cinco continentes, mesturando e aprendendo diferentes culturas que transmite nos diversos espectáculos que produce para todo tipo de públicos.
Titulada polo Conservatorio Superior de Música da Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical realizando o Erasmus no Conservatorio di Musica Giovan Battista Martini Bologna (Italia). Está titulada en piano e percusión cun Mestrado universitario en investigación e innovación en didácticas específicas para educación infantil e primaria pola Universidade da Coruña.
Sinopse:Cando vivimos no interior das nosas nais, a voz materna e paterna son fundamentais para o desenvolvemento auditivo das persoas.
Neste cantacontos, reconectamos cos nenos e nenas interiores que temos e afloramos o espírito curioso de querer coñecer algúns instrumentos, sons, contos, movementos ou cancións con xesto.
Trataremos de recuperar esa complicidade a través dos estímulos sonoros e diversas cancións infantís convidando aos acompañantes dos bebés a cantar aprendendo melodías nesta experiencia musical cos seus peques.
Cando:
Domingo, 9 de Novembro de 2025
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
Tres pases: 12:00, 16:30 e 18:00 h
Prezo:
3 €
Todas as persoas, incluídos bebés, pagarán entrada. ESPECTÁCULO EN ESCENARIO. AFORO SÚPER REDUCIDO
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
• A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


