16 XoguetesRotos es lg
Fecha de inicio:
08/11/2025
Fecha de fin:
08/11/2025
Hora estimada:
20:00
Info:

Barrosanta&ButacaZero: Xoguetes rotos

Procedencia: GaliciaXénero: teatroIdade recomendada: adulto (+14)Duración: 70 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 8 €

Ficha técnica e artística:Elenco: Anxo Outumuro e Dani LagoAutoría: Carolina RománDirección: Xavier CastiñeiraTradución e adaptación: Roberto PascualEscenografía e vestiario: Juan BasIluminación: Violeta MartínezEspazo Sonoro: Xavier BértoloAxundantía de dirección: Nuria GullónProdución: Esther F. Carrodeguas e Anxo Outumuro

Sinopse:Mario é un rapaz nacido na comarca do Ribeiro dos anos 50. Mais a aldea non parece un lugar demasiado apropiado para el. Non lle gusta vendimar nin mocear e non lle prestan os xogos dos adolescentes. E menos aínda pensa seguir os ditados do pai, que van en contra da súa natureza interior. Mario escapa da aldea para instalarse no Vigo industrial dos 70, buscando na cidade un lugar ideal para ser el mesmo. Pero non resulta tan sinxelo de atopar. Os aforros pouco duran, e será difícil sobrevivir nesa nova hostilidade, se non fose pola aparición dunha fada madriña: Dorín. Ela, coma el, naceu sendo un rapaz galego, pero chegou a ser unha grande artista en París. Agora actúa na Riomar de Samil e vive no Abanico, onde Mario axudará a limpar, pasar o ferro, estudará contabilidade e comezará a dubidar…mesmo do seu nome.

Cando:

Sábado, 8 de Novembro de 2025

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

20:00 h

Prezo:

8 €

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

Fecha actualización del contenido:

2025-10-26 21:00
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Praza do Rei 1