80 minutos
Idade mínima: 16 anos
"O ser humano só utiliza un 10% do cerebro."
Hai uns anos dicíase que esta frase era falsa.
Con todo, hoxe en día creo que é certa.
De feito, hai xente que o utiliza un 0%.
Igual que hai cervexas 0,0%, tamén hai cerebros 0,0%.
Nunca sacaches algo dun armario e, ao ir gardalo, pillácheste abrindo a neveira?
Pois iso.
Pero a culpa non é túa, senón da internet.
Desde que existe, caemos por barrancos a cambio dun selfie, non sabemos facer un ovo frito sen un titorial e ata nos dá medo opinar por se nos insulta alguén que vive a 10.000 km.
Aos poucos, fomos apagando o motor do cerebro.
Afortunadamente, teño unha solución para reactivalo.
Iso si, haberá que pisar algún que outro charco.
Pero prefiro facelo canto antes, ou acabaremos dándonos conta de que, simplemente, somos monos.
Cando:
Do 25 de Outubro ata o 26 de Outubro de 2025
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
25 de outubro ás 20.00 h
26 de outubro ás 18.30 h
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com