Fecha de inicio:
06/02/2026
Fecha de fin:
06/02/2026
Hora estimada:
20:00
Lugar:
Praza do Rei 1
Info:

Amorodio Teatro: «Brazaletes». ESTREA

AMORODIO TEATRO: “BRAZALETES”- ESTREAProcedencia: GaliciaXénero: teatro documentoIdade recomendada: adulto (+16)Duración: 60 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 8 €

Ficha técnica e artística:Dirección: Santiago CortegosoTexto: Ernesto IsElenco: Javier CastiñeiraIluminación: Violeta MartínezVestiario: Carmen GarcíaMovemento escénico: Inés SantosDeseño de pancarta: Carlota “Sororas”Carteleira: Inés SueiroComunicación: Cris Ramos (Oh la lá)Informático: Ismael CastiñeiraVídeo: Einibó

Sinopse:28 de setembro de 1975. Vellos Campos de Sport de El Sardinero.

O Racing de Santander recibe ao Elxe na cuarta xornada de liga. Dous xogadores do equipo local, Aitor Aguirre e Sergio Manzanera, saltan ao terreo de xogo cuns brazaletes negros sobre as mangas. Un  xesto pequeno, cheo de compromiso, que desafía á ditadura do moribundo xeneral Franco.

Brazaletes reconstrúe a historia dos últimos fusilamentos do franquismo a través dunha mirada contemporánea e crítica sobre a complexa relación entre o fútbol e a política. Amorodio Teatro presenta un espectáculo que mestura documento e ficción, humor e traxedia, memoria íntima e colectiva, para reflexionar que o silencio nunca pode ser unha opción.

 

Cando:

Venres, 6 de Febreiro de 2026

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

20:00 h

Prezo:

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

Fecha actualización del contenido:

2026-01-27 15:01
Fuente de los datos: Axenda de Vigo