AINÉ: “PARASIMPÁTICAS”Procedencia: GaliciaXénero: comediaIdade recomendada: todos os públicosDuración: 70 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 8 €
Elenco artístico: Lucía Veiga, Marita Martínez e Javier Brandido
Sinopse:Dúas neuronas organizan unha Xunta Extraordinaria Neuronal para analizar o estado da materia gris galaica e estimular novas conexións galaico-simpáticas.
Cada punto da orde do día levará ás neuronas asistentes a percorrer lugares comúns do consciente colectivo, no que a versión galega sempre é moito mellor. Porque ser galego é un estado mental.
Neste novo espectáculo, Lucía Veiga e Marita Martínez exploran as realidades do galego valéndose do humor e de técnicas de improvisación.
Cando:
Sábado, 21 de Febreiro de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes): • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


