Fecha de inicio:
20/09/2025
Fecha de fin:
20/09/2025
Hora estimada:
13:00
Info:

Actividades en VigoNature. Sábado 20/09/25

13:00 – 13:15 h  Alimentación de Fauna

Durante o horario de comida das tartarugas e iguanas do exotarium poderás observar a súa dieta e a súa forma de alimentarse.

16:30 – 17:30 h  Camuflaxe Animal

Asiste a este obradoiro con animais vivos onde poderás coñecer as diferentes estratexias de clamufaxe que empregan as distintas especies para sobrevivir.

16:30 – 19:30 h  Arborismo (Tirolinas)

Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante.

17:30 – 18:30 h  Coñecendo O noso Sol 

Poderás achegarte a observar ao sol, ese gran descoñecido, directamente a través dun telescopio e construir o teu propio reloxio sol. (*) En caso de mal tempo meteorolóxico esta actividade será substituída por "o ceo nocturno".

17:30 – 18:30 h  Horta Chea de Sorpresas

A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa… A ver que nos aparece hoxe.

18:30 – 19:30 h  Biodetectives na Horta

Obradoiro no que faremos de detectives e coa nosa lupa electrónica localizaremos diferentes animaliños para identificalos e indagar cal é o seu cometido dentro da horta, así como curiosidades dos mesmos cando se poñen en acción.

18:30 – 19:30 h  Exoplanetas

Un exoplaneta ou planeta extrasolar é un planeta que orbita unha estrela distinta do Sol e, por tanto, pertence a un sistema planetario distinto do sistema solar. ¡Adéntrate connosco no misterio da orixe da vida e a súa búsqueda polo universo, e podrás crear o teu propio exoplaneta!

Cando:

Sábado, 20 de Setembro de 2025

Lugar:

Praza dos Leóns 1

Horario:

13:00 – 13:15 h  Alimentación de Fauna

16:30 – 17:30 h  Camuflaxe Animal 

16:30 – 19:30 h  Arborismo (Tirolinas)

17:30 – 18:30 h  Coñecendo O noso Sol 

17:30 – 18:30 h  Horta Chea de Sorpresas

18:30 – 19:30 h  Biodetectives na horta

18:30 – 19:30 h  Exoplanetas

Prezo:

As actividades están incluídas no prezo de entrada ao Parque.

Fecha actualización del contenido:

2025-09-03 18:19
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Praza dos Leóns 1