13:00 – 13:15 h Alimentación de Fauna
Durante o horario de comida das tartarugas e iguanas do exotarium poderás observar a súa dieta e a súa forma de alimentarse.
16:30 – 17:30 h Aves Irrecuperables
Esta actividade está enfocada a mostrar as particularidades das aves rapaces existentes nas instalacións do parque, destacando os seus grupos, morfoloxía e adaptacións, similitudes, ameazas, xestión de exemplares feridos no medio natural e acollida de irrecuperables.
16:30 – 18:30 h Escape Room
“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. O escape room desenvólvese nunha contorna ambientada con material científico, mapas e pistas agochadas, o que crea unha atmosfera inmersiva, educativa e moi divertida. Os participantes deberán empregar o enxeño, traballar en equipo e resolver unha serie de enigmas que combinan lóxica, observación, pensamento crítico e creatividade. Cada paso achegaravos un pouco máis a desbloquear os cadeados e atopar todos os ODS antes de que se esgote o tempo.Ademais de ser unha aventura emocionante, Código 17 busca concienciar sobre a importancia dos ODS, fomentando valores como a sustentabilidade, a colaboración e o respecto polo planeta.
16:30 – 19:30 h Arborismo (Tirolinas)
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante.
17:30 – 18:30 h Plantnet
Plantnet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imaxes para axudar na identificación de plantas. Nesta actividades poderás acompañarnos polo parque para tratar de identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes.
18:30 – 19:30 h Os nosos Ceos
Nesta proxección do noso renovado planetario poderás viaxar polo ceo nocturno de distintas partes do mundo e en diferentes épocas do ano.
18:30 – 19:30 h Enriquecemento Ambiental Suricatas
As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Construiremos xoguetes alimenticios e elementos de enriquecemento para os suricatas e observaremos o seu comportamento.
Cando:
Domingo, 21 de Setembro de 2025
Lugar:
Praza dos Leóns 1
Horario:
13:00 – 13:15 h Alimentación de Fauna
16:30 – 17:30 h Aves Irrecuperables
16:30 – 18:30 h Escape Room
16:30 – 19:30 h Arborismo (Tirolinas)
17:30 – 18:30 h Plantnet
18:30 – 19:30 h Os nosos Ceos
18:30 – 19:30 h Enriquecemento Ambiental Suricatas
Prezo:
As actividades están incluídas no prezo de entrada ao Parque.


