13:00 – 13:15 h Alimentación de Fauna
Durante o horario de comida das tartarugas e iguanas do exotarium poderás observar a súa dieta e a súa forma de alimentarse.
16:30 – 18:30 h Escape Room
“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. O escape room desenvólvese nunha contorna ambientada con material científico, mapas e pistas agochadas, o que crea unha atmosfera inmersiva, educativa e moi divertida. Os participantes deberán empregar o enxeño, traballar en equipo e resolver unha serie de enigmas que combinan lóxica, observación, pensamento crítico e creatividade. Cada paso achegaravos un pouco máis a desbloquear os cadeados e atopar todos os ODS antes de que se esgote o tempo.Ademais de ser unha aventura emocionante, Código 17 busca concienciar sobre a importancia dos ODS, fomentando valores como a sustentabilidade, a colaboración e o respecto polo planeta.
16:30 – 17:30 h Especies Exóticas Invasoras
Esta actividade pretende introducir o concepto de especies exóticas e especies exóticas invasoras, explicando qué son, cómo introdúcense no territorio, o seu proceso de invasión e prestando especial atención a explicar o impacto e os problemas que causan na contorna natural, así como os métodos para combatelas e previr a introducción de más especies invasoras. También observaremos algúns exemplos moi próximos de fauna e flora exóticas invasoras.
16:30 – 19:30 h Arborismo (Tirolinas)
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante.
17:30 – 18:30 h O Idioma das Aves
Esta actividade pretende introducir o concepto de especies exóticas e especies exóticas invasoras, explicando qué son, cómo introdúcense no territorio, o seu proceso de invasión e prestando especial atención a explicar o impacto e os problemas que causan na contorna natural, así como os métodos para combatelas e previr a introducción de más especies invasoras. También observaremos algúns exemplos moi próximos de fauna e flora exóticas invasoras.
18:30 – 19:30 h Enriquecemento Ambiental Burros
As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Aquí nos axudarás a fabricar varios tipos de xoguetes alimenticios e premios para os burros e observaremos o seu comportamento.
18:30 – 19:30 h Fenómenos do Ceo
Descubre os espectáculos máis sorprendentes do firmamento! Nesta actividade falaremos dos fenómenos celestes máis rechamantes como eclipses, cometas, tránsitos planetarios, chuvias de estrelas ou supernovas. A través de explicacións sinxelas, imaxes e unha manualidade creativa, aprenderemos por que e cando ocorren estes eventos, e como podemos observalos dende a Terra.
Cando:
Domingo, 14 de Setembro de 2025
Lugar:
Praza dos Leóns 1
Horario:
13:00 – 13:15 h Alimentación de Fauna
16:30 – 18:30 h Escape Room
16:30 – 17:30 h Especies Exóticas Invasoras
16:30 – 19:30 h Arborismo (Tirolinas)
17:30 – 18:30 h O Idioma das Aves
18:30 – 19:30 h Enriquecemento Ambiental Burros
18:30 – 19:30 h Fenómenos do Ceo
Prezo:
As actividades están incluídás no prezo de entrada ao Parque.


