Fecha de inicio:
24/05/2026
Fecha de fin:
24/05/2026
Hora estimada:
17:00
Lugar:
Praza dos Leóns 1
Info:

Actividades en Vigo Nature Domingo 24 de Maio

17:00 A 18:00 ENRIQUECEMENTO AMBIENTAL BURROS: As actividades de enriquecemento ambiental son fundamentais para o benestar dos animais en cativerio. Aquí axudarasnos a crear diversos xoguetes de comida e premios para os burros e observaremos o seu comportamento.

17:00 A 19:00 ESCAPE ROOM: “Código 17” é unha sala de escape especialmente diseñada para un público familiar, educativo e respectuoso co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deberán enfrontarse a un gran reto: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron escondidos por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. A sala deescape desenvólvese nunha contorna con material científico, mapas e pistas ocultas, o que crea unha atmosfera inmersiva, educativa e moi divertida. Os participantes deberán usar o seu enxeño, traballar en equipo e resolver unha serie de quebracabezas que combinan lóxica, observación, pensamento crítico e creatividade. Cada paso achegaravos un pouco máis a desbloquear os cadeados e atopar todos os ODS antes de que se acabe o tempo. Ademais de ser unha emocionante aventura, Código 17 busca concienciar sobre a importancia dos ODS, promovendo valores como a sustentabilidade, a colaboración e o respecto polo planeta…

18:00 A 19:00 ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS: Esta actividade pretende introducir o concepto de especies exóticas e especies exóticas invasoras, explicando que son, como se introducen no territorio, o seu proceso de invasión e prestando especial atención a explicar o impacto e os problemas que causan na contorna natural, así como os métodos para combatelas e previr a introdución de máis especies invasoras. Tamén observaremos algúns exemplos moi próximos de fauna e flora exóticas invasoras.

19:00 A 20:00 FÓSILES: Obradoiro de paleontología onde descubrirás como se forman os fósiles e que información nos contan sobre a vida no pasado. A través de mostras reais aprenderemos a identificar diferentes tipos de fósiles e pegadas. Unha actividade para achegarse ao mundo dos dinosauros e á historia da Terra.

19:00 A 20:00 A GRAN ECLIPSE SOLAR: ¡Prepárache para un dos eventos astronómicos máis espectaculares do século! O 12 de agosto de 2026, o ceo de Vigo será testemuña dunha eclipse solar practicamente total, e queremos que esteas listo para vivilo de forma segura e fascinante. Aprenderemos por que este fenómeno é tan especial e como a historia e a ciencia únense baixo a sombra da Lúa. Como agasallo especial, cada participante recibirá unhas lentes de observación solar homologadas para ver a eclipse con total seguridade achegadas por Vigonature.

Cando:

Domingo, 24 de Maio de 2026

Lugar:

Praza dos Leóns 1

Horario:

17:00 A 18:00 ENRIQUECEMENTO AMBIENTAL BURROS

17:00 A 19:00 ESCAPE ROOM

18:00 A 19:00 ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS

19:00 A 20:00 FÓSILES 

19:00 A 20:00 A GRAN ECLIPSE SOLAR

Fecha actualización del contenido:

2026-05-15 13:49
Fuente de los datos: Axenda de Vigo