Fecha de inicio:
17/05/2026
Fecha de fin:
17/05/2026
Hora estimada:
17:00
Lugar:
Praza dos Leóns 1
Info:

Actividades en Vigo Nature Domingo 17 de Maio

17:00 A 18:00 INSECTOS SOCIAIS: 

17:00 A 19:00 ESCAPE ROOM: “Código 17” é unha sala de escape especialmente diseñada para un público familiar, educativo e respectuoso co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deberán enfrontarse a un gran reto: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron escondidos por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. A sala de escape desenvólvese nunha contorna con material científico, mapas e pistas ocultas, o que crea unha atmosfera inmersiva, educativa e moi divertida. Os participantes deberán usar o seu enxeño, traballar en equipo e resolver unha seriede quebracabezas que combinan lóxica, observación, pensamento crítico e creatividade. Cada paso achegaravos un pouco máis a desbloquear os cadeados e atopar todos os ODS antes de que se acabe o tempo. Ademais de ser unha emocionante aventura, Código 17 busca concienciar sobre a importancia dos ODS, promovendo valores como a sustentabilidade, a colaboración e o respecto polo planeta…

18:00 A 19:00 MÍRAME Ao grande: Actividade de observación onde utilizaremos lupas e instrumentos de aumento para descubrir detalles da natureza que normalmente pasan desapercibidos. Observaremos macroorganismos presentes en mostras de auga e outros elementos naturais para comprender mellor as súas estruturas e características. Unha experiencia para espertar a curiosidade científica e aprender a mirar a natureza con máis atención.

19:00 A 20:00 AVES IRRECUPERABLES: Esta actividade está enfocada a mostrar as particularEDADs das aves rapaces presentes nas instalacións do parque, destacando os seus grupos, morfología e adaptacións, similitudes, ameazas, manexo de exemplares feridos no medio natural e recepción daqueles que non se poden recuperar.

19:00 A 20:00 A GRAN ECLIPSE SOLAR: ¡Prepárache para un dos eventos astronómicos máis espectaculares do século! O 12 de agosto de 2026, o ceo de Vigo será testemuña dunha eclipse solar practicamente total, e queremos que esteas listo para vivilo de forma segura e fascinante. Aprenderemos por que este fenómeno é tan especial e como a historia e a ciencia únense baixo a sombra da Lúa. Como agasallo especial, cada participante recibirá unhas lentes de observación solar homologadas para ver a eclipse con total seguridade achegadas por Vigonature.

Cando:

Domingo, 17 de Maio de 2026

Lugar:

Praza dos Leóns 1

Horario:

17:00 A 18:00 INSECTOS SOCIAIS

17:00 A 19:00 ESCAPE ROOM

18:00 A 19:00 MÍRAME Ao grande

19:00 A 20:00 AVES IRRECUPERABLES

19:00 A 20:00 A GRAN ECLIPSE SOLAR

Prezo:

As actividades están incluídas no prezo de entrada ao Parque.

Fecha actualización del contenido:

2026-05-15 13:48
Fuente de los datos: Axenda de Vigo