17:00 A 18:00 ENRIQUECEMENTO AMBIENTAL LEMURES: As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cativerio. Elaboraremos diversos xoguetes de comida e recompensas para os lémures e observaremos o seu comportamento.
17:00 A 19:00 ESCAPE ROOM: “Código 17” é unha sala de escape especialmente diseñada para un público familiar, educativo e respectuoso co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deberán enfrontarse a un gran reto: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron escondidos por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. A sala de escape desenvólvese nunha contorna con material científico, mapas e pistas ocultas, o que crea unha atmosfera inmersiva, educativa e moi divertida. Os participantes deberán usar o seu enxeño, traballar en equipo e resolver unha seriede quebracabezas que combinan lóxica, observación, pensamento crítico e creatividade. Cada paso achegaravos un pouco máis a desbloquear os cadeados e atopar todos os ODS antes de que se acabe o tempo. Ademais de ser unha emocionante aventura, Código 17 busca concienciar sobre a importancia dos ODS, promovendo valores como a sustentabilidade, a colaboración e o respecto polo planeta…
18:00 A 19:00 MINERAIS: Actividade de exploración xeológico onde coñecerás diferentes tipos de minerais, as súas características e usos. A través de mostras reais aprenderemos a observar a súa forma, cor, brillo e dureza para diferencialos. Descubriremos tamén como se forman na natureza e a importancia destes recursos no noso día a día.
19:00 A 20:00 PLANTNET: Plantnet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imaxes que facilita a identificación de plantas. Nesta actividade, poderás acompañarnos polo parque para tentar identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes.
19:00 A 20:00 A GRAN ECLIPSE SOLAR: ¡Prepárache para un dos eventos astronómicos máis espectaculares do século! O 12 de agosto de 2026, o ceo de Vigo será testemuña dunha eclipse solar practicamente total, e queremos que esteas listo para vivilo de forma segura e fascinante. Aprenderemos por que este fenómeno é tan especial e como a historia e a ciencia únense baixo a sombra da Lúa. Como agasallo especial, cada participante recibirá unhas lentes de observación solar homologadas para ver a eclipse con total seguridade achegadas por Vigonature.
Cando:
Domingo, 10 de Maio de 2026
Lugar:
Praza dos Leóns 1
Horario:
11:00 A 14:00 OBRADOR DE PAN
17:00 A 18:00 ENRIQUECEMENTO AMBIENTAL LEMURES
17:00 A 19:00 ESCAPE ROOM
18:00 A 19:00 MINERAIS
19:00 A 20:00 PLANTNET
19:00 A 20:00 A GRAN ECLIPSE SOLAR
Prezo:
As actividades están incluídas no prezo de entrada ao Parque.


