beatles1 es lg
Fecha de inicio:
04/10/2025
Fecha de fin:
04/10/2025
Hora estimada:
20:30
Info:

ABBEY ROAD. Beatles tribute show

Un dos mellores tributos do mundo a The Beatles, Abbey Road.

Sobre o escenario Abbey Road conseguen unha incrible fidelidade ás voces e son orixinais, e son capaces de recrear toda a música da discografía dos de Liverpool.

Os seus concertos tamén destacan polos diferentes cambios de vestiario feito a imaxe dos orixinais dacordo coa época. Incluso os instrumentos utilizados son os mesmos que utilizaban John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr.

Os seus concertos son unha fascinante viaxe ao pasado e rememoran a música dunha banda que revolucionou os fundamentos da música moderna. Nos seus espectáculos podemos escoitar non só os grandes éxitos que deron fama ao grupo británico durante a primeira metade dos anos 60, senón tamén revivir aqueles himnos que os Beatles gravaron ata o 1970 e que nunca chegaron a tocar en directo.

Cancións como Love Me Do, She Loves You, I Want To Hold Your Hand, Help!, Yesterday, Penny Lane, Hey Jude, Let It Be e moitas outras forman parte dun espectáculo para todas as idades, onde o público pode cantar e bailar unhas cancións que xa son universais e que forman parte do imaxinario musical de todo amante da música.

Pecha os ollos e sente os Beatles. Ábreos e revive aos Beatles!

Abbey Road o forman:

Adrián Ghiardo (Paul McCartney): guitarras, baixo, voces e teclados.

Jordi Expósito (John Lennon): guitarras, voces e teclados.

Ferran Corbalán (George Harrison): guitarras, baixo, voces e teclados.

Carlos Moreno (Ringo Star): batería e voces.

Cando:

Sábado, 4 de Outubro de 2025

Lugar:

Teatro Afundación

Horario:

20.30 h.

Prezo:

Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com

Fecha actualización del contenido:

2025-10-01 16:30
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Teatro Afundación