8concertosolidarioPP es lg
Fecha de inicio:
07/02/2025
Fecha de fin:
07/02/2025
Hora estimada:
20:00
Info:

8 Concerto Solidario «Por Eles e Por Elas»

120 minutos

Suevia Xestión de Riscos e Seguros retoma a iniciativa que comezou en 2012 como S4 Correduría de Seguros, para dar resposta ao compromiso de contribuír coa comunidade como unha empresa socialmente responsable, apoiando distintas causas do ámbito social, especialmente na loita contra o cancro.

Organizamos de novo noso 8º Concerto Solidario ofrecendo un cartel con artistas e grupos galegos, expresión da alma galega de SUEVIA: Ardentía, Os Carunchos e Guadi Galego serán as invitadas para crear a banda sonora dun evento, cuxa misión principal é recadar fondos a favor da Fundación Stop Leucemia contra o cancro hematolóxico.

Continuando coa senda iniciada fai máis dunha década, seguimos coa ilusión intacta, retomando o evento que reforza o compromiso social da Correduría de Seguros máis grande de Galicia.

Cando:

Venres, 7 de Febreiro de 2025

Lugar:

Teatro Afundación

Horario:

20.00 h.

Prezo:

Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com

Fecha actualización del contenido:

2025-02-06 15:30
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Teatro Afundación