Ao longo de 25 anos, a Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu contribuíu de forma decisiva á dignificación e proxección internacional da música tradicional galega, levándoa a escenarios de toda Europa. Para conmemorar o seu XXV aniversario, SonDeSeu prepara un concerto extraordinario: un encontro que reunirá sobre un mesmo escenario á orquestra e a catro figuras imprescindibles da música galega actual: Abraham Cupeiro, Tanxugueiras, Xabier Díaz e Rodrigo Romaní. Un elenco único. Un concerto imprescindible.
Cando:
Sábado, 9 de Maio de 2026
Lugar:
Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo
Horario:
20.30 h
Prezo:
Entradas en https://www.teuticket.com


