O concurso de Comparsas e Carrozas do Entroido Vigo 2017 terá lugar o vindeiro 25 de febreiro polo percorrido habitual.
Se o tempo acompaña (e as obras en García Barbón) o concurso de comparsas e carrozas polo centro da cidade será o sábado 25 de febreiro e polo percorrido habitual. Para para isa data espérase que as obras de García Barbón estén rematadas(poñémolo en dúbida, non está confirmado).
O tráfico cortarase a partir das 4 da tarde polo centro da cidade. O pregón fica previsto para o venres 24 (descoñécese quen o dará)
ENTROIDO VIGO 2017: CONCERTO GRATUITO DE SIDONIE
Dobre concerto gratuito que abrirá o Entroido Vigo 2017, por un lado teremos a “La Edad de Oro del Pop Español” ás 21 horas, para posteriormente ter o grupo Barcelonés Sidonie, 23 horas, ambos concertos serán o venres 24 de febreiro na Praza da Porta do Sol.
La Edad de Oro del Pop Español:
Es un show en el que se interpretan las mejores canciones del pop español de los 80 y 90. Pablo Perea (La Trampa) Joaquin Padilla (Iguana Tango) Alberto Comesaña (Semen Up-Amistades Peligrosas) y Chus Herranz (Dreamland).
ENTROIDO VIGO: CONCURSO DE COMPARSAS E CARROZAS
O desfile vai ter lugar o vindeiro 25 de febreiro, sábado ás 18,00 horas entre a rotonda de Isaac Peral (saída) e a Porta do Sol (remate). A orde no desfile das comparsas e carrozas participantes decidirase por sorteo público, que terá lugar o venres 17 de febreiro.
As comparsas necesitarán un número mínimo de 30 integrantes para poder participar. Os premios para as comparsas serán de: (1) 2.500 (2) 2000 (3)1500€.
Bases e solicitudes de inscrición:
Ata o 15 de febreiro.
Bases e solicitudes de inscrición.
Foto de Miguel Pérez González
ENTROIDO VIGO 2017: CONCURSO DE DISFRACES
O luns 27 de febreiro na lonxa da Casa do Concello terá lugar o concurso de disfraces coas seguintes categorías:
Categorías individual infantil e grupo infantil conxuntado* (até os 13 anos): o día 27 de febreiro, luns entre as 18,00 e as 20,00 horas na Lonxa do Concello de Vigo.
Categorías individual xeral e grupo xeral conxuntado** (a partir de 14 anos): o día 28 de febreiro, martes entre as 18,30 e as 20,30 horas na Lonxa do Concello de Vigo.
Inscricións no concurso de disfraces:
As inscricións para participar neste concurso realizaranse o mesmo día, entre ás 17:00 horas e as 18:00 horas, na Lonxa do Concello de Vigo para as categorías individual infantil e grupo infantil conxuntado (até 13 anos) e as 17,30 horas e as 18,30 para a categoría individual xeral e grupo xeral conxuntado (mais de 14 anos).
Máis info no seguinte enlace.
E isto non é todo xa que o Domingo 26 de febreiro tes unha carreira popular. Carreira do Entroido 2017 de Vigo.
Feliz entroido Vigo!