¿Qué hacer en Vigo?

Día Internacional da Danza en Vigo | 85Corpos

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Os días 28 e 29 de abril, distintos espazos da cidade acollen a nova proposta cultural de “Asociación 85C” que contará coa colaboración de colectivos e artistas da cidade.

Os días 28 e 29 de abril, con motivo do Día Internacional da Danza, Asociación 85C de mulleres artistas, escolle de novo a cidade de Vigo como centro da súa proposta.

“85Corpos” é a primeira edición dun festival centrado na danza e nas súas expresións. O evento reúne actuacións, música en directo, obradoiros de distintos estilos de danza, batallas de baile, charlas e a innovadora proposta dunha mostra de parellas artísticas.

O festival, que terá como tema central a danza, inaugúrase o día 28 ás 18h en A Cova dos ratos cunha mostra na que o público asistirá á estrea en exclusiva de varias pezas inéditas de danza e outras artes como a poesía e a ilustración.

A partir 00:00h na Sala La Magnética dará comezo a III Edición da Macarena War baixo o lema “A primeira batalla de baile na que non fai falla que saibas bailar!”.
Beehive Vigo, colectivo de música e danza urbana de Vigo, colabora programando unha nova edición desta batalla de baile que mestura profesionais da danza con amateur. Haberá premios, xurado e Dj Pol e Dj Fonkid serán os covite especiais da noite.

O domingo 29 o protagonismo absoluto estará reservado á danza. No espazo de O almacén cultural terán lugar as actividades da mañá entre as que estarán unha clase de contact e outra de swing. Colaboran a Asociación de Danza de Gondomar, a escola de Swing On Vigo, o profesor de danza Juan Cid e o músico Charles Rapante.
Para poñer fin á xornada, o evento desprázase a Escola Inés Núñez na que se realizarán clases de danza africana e de danza urbana con música en directo de Allatantou e Dj Mma Bomwas, acompañante ocasional de Wöyza. Colaboran Asociación Rúas Baixas.

A partir das 19:30 o evento clausúrase cunha actividade conxunta que reunirá a todas as persoas que pasaron polo festival.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.