Día do Barrio en Teis – #diadobarrioteis

Día do Barrio en Teis – #diadobarrioteis

27/05/2015

O Día do Barrio é un día de solidariedade, de implicación coa cidadanía e de recuperación das canles e a forma de sentir o barrio de antaño. É un evento para que participe todo o mundo, sexa ou non de Teis, pois é o único xeito de levar o mesmo día a outros barrios.

Para elo, cómpre xente disposta a participar nos grupos de traballo e animación. É unha xornada de colaboración entre todos e todas, polo que precisamos da túa presenza.

¿Cómo podes participar?
– Anotándote aos grupos de traballo (recollida de alimentos e patrullas medioambientais).
– Se tocas a gaita, pandereta, tuba… calquera instrumento musical, ven, e amosa todo o teu saber mentres creas un clima de distensión.
– Contribuíndo coa difusión deste evento, cantos máis, mellor. Se o fas por redes sociais, recorda que estamos utilizando o hastag #diadobarrioteis
– Aportando todo o que se te pase pola cabeza, todas as ideas son benvidas.

Simplemente, ponte en contacto connosco e xa te indicaremos os próximos pasos a seguir. Aproveitamos para recordarvos unha frase de Euardo Galeano: “Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, PODE CAMBIAR O MUNDO”. Participa e cambia o mundo connosco!

Contacto: 986 127 949 / 698 142 158
Máis información en http://www.xaruma.org/evento/186_eventosxaruma.html

Te puede interesar:

La campaña CADA NIÑO UN JUGUETE empieza el 1 de noviembre y durante el mes de diciembre se realizará una serie de eventos
El musical de La Granja de Zeno?n del 27 al 29 de diciembre en el Auditorio Mar de Vigo
la IV Gala Internacional del Ilusionismo tendrá lugar en el Teatro Afundación Vigo el 26 y 27 de diciembre
La iniciativa social "Os pans do Camiño" abre su plazo de inscripción hasta el 22 de diciembre

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.