Este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle ao poeta de Guitiriz Xose María Díaz Castro. Dende a asociación Trabalingua quere homenaxealo coa seguinte actividade.
Maña Mércores 19 Marzo ás 20:00 da note temos proxección do documental “o instante eterno” no café de catro a catro da rúa Girona n°16 de Vigo.
A actividade consistirá na proxección do documental O instante eterno, de X. Antón Cascudo, que se estreará en Vigo. O documental servirános para achegarnos á figura de Díaz Castro antes de comezar co recital aberto a toda a cidadanía. Para esta actividade contamos coa colaboración das asociacións Xermolos e A nave das ideas.
Xosé María Díaz Castro, nado no lugar do Vilariño o 19 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990, foi un poeta e tradutor galego. En 2014 é o homenaxeado co Día das Letras Galegas.
Ánimate e vén a connocer ese gran home.
Díaz Castro publicou os seus primeiros versos ós dezasete anos na revista Lluvia de rosas de Tarragona pero foi a súa entrada no seminario e o contacto con Aquilino Iglesia Alvariño, o seu estímulo foi decisivo na promoción como escritor e para comezar a escribir en galego, publicando en El Progreso Villalbés o 6 de agosto de 1931 os seus primeiros versos en galego Lembranzas e sospiros, logo saíron Baix’o o calor, Lá vou, amor, As formigas, Era un contiño de fadas, e posteriormente escribiu dous cadernos de poesía, tamén en galego, Follas verdes en 1934 e Follas ô aire, que inclúe versos de 1932 a 1935, que finalmente quedaron inéditos. Tamén publicou poemas en Vallibria, Mundo de Ahora e Perla del Calvario.
Logo da Guerra Civil continuou compoñendo. O 16 de agosto de 1946 foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos polo poema El Cántico de la Ciudad en castelán, e por Nascida d’un soño (tres sonetos) en galego. Volveron saír poemas seus en galego en publicacións como La Noche, Cartel, Sonata Gallega, Alba ou Ínsula.