Día 30 de Novembro nos cines Salesianos vamos a poder disfrutar da actuación e de balde de “De Raíz”, I Mostra de Música e Baile Tradicional.
“De Raíz”, I Mostra de Música e Baile Tradicional, é a ferramenta a través da cal o grupo artístico da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolto polos seus integrantes ao longo destes anos. Dende Traspés tentamos amosar parte do patrimonio inmaterial de Galicia, sendo rigorosos cos traballos de campo realizados, e tratando de que a comunicación co público sexa directa, doada e lúdica.
Ano tras ano achegamos este duro pero gratificante traballo, no que cada un de nós deixa un trociño de alma, agardando que todos os aspectos que conforman o folclore de Galicia, cheguen á escena coa maior calidade posible.
Esta primeira Mostra abrangue o traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo do ano 2013. Percorreremos toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias así como as características dos seus bailes, ritmos e xeitos de tocar e cantar.