¿Qué hacer en Vigo?

Dakidarría na Universidade de Vigo

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

A enerxía dos directos do grupo Dakidarría abre mañá a programación cultural do segundo cuadrimestre da Universidade de Vigo.

Logo de trece anos de percorrer coa súa música a península e mesmo México, e de catro discos de estudio, veñen de editar De cuncas e mar, un traballo composto por un CD e un DVD do seu directo, que amosa a súa consolidación e fusión co seu público.

Dakidarría está integrado por oito músicos de municipios de o Val Miñor (Pontevedra) que misturan ska e reggae con punk-rock.

O grupo naceu sen plans previos, dando un salto das tardes de música entre amigos ás salas de concertos e aos escenarios dos festivais. Tan só querían vivir á súa maneira sentíndose libres e acabaron compoñendo para reflexionar sobre o mundo.  A súa carreira está composta por unha maqueta Diskordia nas Rías Baixas, un vinilo
recompilatorio (#10AnosNaRúa) e catro discos de estudo: Fragasaurus Rex, El futuro nunca existió, Realidades alienantes e Utopías emerxentes. De cuncas e de mar inclúe 15 cancións en directo que reflicten o momento de forma dunha banda consolidada na súa terra e moi querida polo seu público. No dvd, ademais de poder ver un concerto íntegro, ofrecen unha serie de mini-reportaxes sobre a banda que achegan ao espectador á realidade do día a día dos músicos e do seu ambiente.

Data: Mércores, 2 de marzo

Hora: 18.30 h // Entrada libre e gratuita ata completar aforamento

Lugar: Teatro de Cidade Universitaria. Univeridade de Vigo.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.