Chéganos información sobre un curso de introducción a hortas ecolóxicas. Ponte en contacto con eles, serviterra.net se che interesa o que oferta. Isto é o que nos dín:
Somos unha empresa especializada na venda de productos ecolóxicos, plantas e sementes, entre outros, para a vosa horta ecolóxica. Ademais tamen facemos traballos de xardinería. Estamos especializadas en hortas verticais para balcóns, terrazas … A FALTA DE ESPAZO XA NON SERÁ UN PROBLEMA !!
Apúntate ao noso curso de 3 xornadas de 4 horas cada xornada, aprenderás como traballar a terra para poder cultivar, como plantar e a mellor época para facelo, como abonar as plantas, como regar, a sucesión de cultivos, os tratamentos contra as plagas , as enfermidades e moito mais !!
Todas as persoas asistentes teredes un 10% de desconto en todos os nosos produtos, ademais de asesoramento personalizado para os vosos cultivos.
Para máis información ou para apuntarvos podedes chamarnos ao 651.93.56.82, mandarnos un e-mail a serviterra@serviterra.net ou pasarvos pola nosa tenda en Eugenio Kraff nº 30 baixo, ESTAREMOS ENCANTADAS DE RECIBIRVOS.
Estamos tamén no Facebook e Instagram.