O vindeiro martes 10 Decembro comeza un novo curso de sombras chinesas, con Tanxarina, no Museo Verbum das palabras que se estenderá até o venres 20 de Decembro. O curso é gratuíto e para participar cómpre anotarse antes que as prazas son limitadas.
O horario será de 17.00 a 20.00 horas de martes a venres, e o sábado 21 no propio Verbum o alumnado participante representará as obras seleccionadas sobre as que traballaron.
Achegámosvos o programa do curso
– Pequena introdución histórica e técnica.
– Presentación elementos: a pantalla, a luz, as siluetas, a manipulación.
– A construción da pantalla de sombras. Explicación teórica
– As siluetas: selección de materiais. Deseño e recorte. Baleirado e montaxe. Efectos diversos.
– As articulacións: sistemas e montaxe.
– As varas de manipulación. Montaxe e trucos.
– A manipulación. Colocación e movemento. Normas básicas.
– A luz. Tipos e colocación.
– A posta en escena: voz e movemento. Escenificación dos diversos contos seleccionados.
Para se inscribir no Obradoiro de Sombras Chinesas, cómpre cubrir unha ficha que atoparedes aquí:
http://snl.vigo.org/novasdetalle.php?nid=400&from=2