¿Qué hacer en Vigo?

Curso de contacontos para adultos

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

A NARRADORA BEA CAMPOS IMPARTE ESTE MES UN CURSO DE CONTACONTOS PARA ADULTOS

LIBROS PARA SOÑAR vai acoller a celebración dunha nova edición do curso de contacontos para adultos que imparte a actriz e narradora Beatriz Campos. Será do 17 ao 21 deste mes de febreiro de 10:30 a 13:30 horas pola mañá, ou de 17:00 a 20:00 horas pola tarde, ofrecéndolles ás persoas interesadas a posibilidade de escoller entre a quenda matinal ou a vespertina. Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

As sesións vanse dividir en tres partes: comezarán cunha clasificación dos álbums ilustrados por idades, atendendo á súa temática e formato, con mostras dos materiais que se atopan actualmente no mercado.

Tamén se tratarán pautas sobre como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público, segundo sexan bebés, nenos ou maiores. Nesta sección atenderase especialmente a recuperación e a posta en valor da tradición oral e do cancioneiro popular, así como o legado cultural co que medraron e se formaron as xeracións pasadas.

Finalmente, a través de xogos de expresión e de exercicios de relaxación, abordaranse as técnicas para aprender a contar; presentaranse e analizaranse as fases de preparación dunha sesión de contacontos.

Bea Campos é licenciada en Arte Dramática. Está vencellada ao teatro dende moi nova a través da compañía Migallas, coa que representou diversas obras e interviu en actividades infantís como o programa “Á procura do tesouro”, que se desenvolve no Concello de Pontevedra. Traballou no equipo de animación á lectura de KALANDRAKA realizando sesións de contos e música en escolas galegas, librarías, bibliotecas e centros culturais.
Colabora cos grupos Inversa Teatro, Arela das Artes, Matreska Teatro e Triatreros.

Máis info no blogue de libros para soñar.

LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo

Curso BeaCampos contacontos_feb14

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Localización

En algunas ocasiones la localización puede no corresponderse a la realidad.

Entradas populares