O curso Achégate ao galego nivel 1 está concibido como unha continuación da formación adquirida no curso de achegamento do nivel 0 e diríxese a todas aquelas persoas, de dentro e fóra de Galicia, que partindo duns coñecementos básicos do idioma, busquen mellorar e ampliar a súa competencia lingüística no uso do galego estándar.
OBXECTIVOS:
A finalidade primordial das nosas aulas consiste en motivar e axudar o alumnado a aprender a lingua galega dun modo significativo, lúdico e dinámico, e a dotalos dos recursos necesarios para poder utilizar adecuada e eficazmente o noso idioma nun amplo repertorio de situacións comunicativas propias de diferentes ámbitos, cun grao crecente de formalidade e complexidade.
CONTIDOS:
? O tratamento dos sons, as expresións e a entoación da lingua galega.
? A expresión oral e escrita das necesidades comunicativas, afectivas e creativas en lingua galega.
? A adquisición de destrezas na produción dunha escrita útil.
? Recursos para mellorar a nosa competencia lectora: aprender a emocionar e a emocionarnos cunha historia ben contada.
? Vocabulario e rexistros relativos a diferentes situacións formais e informais presentes na vida cotiá.
? Os usos sociais da lingua, a interacción oral e o control da comunicación.
METODOLOXÍA:
Posto que a mellor maneira de aprender a escoitar, falar, ler e escribir é escoitando, falando, lendo e escribindo, traballaremos estas habilidades lingüísticas básicas, mediante a exposición directa na aula a un uso auténtico do idioma. Fomentamos a participación activa do alumnado e facendo fincapé nos aspectos de maior dificultade e nas dúbidas de tipo teórico-práctico, coas que se enfrontan tanto na oralidade coma na escrita, na súa práctica diaria como usuarios da lingua galega.
O curso, de 40 horas, é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.
Para unha información máis detallada consultar a web: snl.vigo.org
Datas:
6, 7, 13, 14, 20, 21 de febreiro; 6, 7, 13, 14, 20, 21, 22 de marzo; 3, 4, 5 de de abril do ano 2017
Lugar: 2.o andar do Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carrera, da rúa Areal-O Porto -antiga reitoría)