¿Qué hacer en Vigo?

Cooperland 2014

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Encontro que se celebrará o vindeiro Venres 19 e o Sábado 20 de Setembro 2014, no antigo Reitorado de Vigo (Rúa Oporto 1).

Podedes ver os horarios na sua páxina. De 9 a 10h inscripcións e presentacións.

O proxecto foi premiado pola Union Europea. A plataforma web creada (rede europea de prácticas cooperativas) e os resultados obtidos no Encontro presentaránse en forma de Guias e ‘Carta de dereitos e responsabilidades’ en Bruselas a través dunha delegación cidadá conformada polos 6 países socios do proxecto (España, Croacia, Grecia, Italia, Estonia e Holanda).

En Cooperland atoparedes un espazo de recoñecemento e intercambio de prácticas cooperativas procedentes do extranxeiro, nacionais e sobre todo locais e rexionais. (ver)

O Encontro versará sobre formas de cooperación cidadá en catro áreas temáticas:

  • Coidados e reproducción social
  • Espazos públicos e espazos sociais
  • Espazos naturais e medioambientais
  • Cultura e coñecemento libre.

E estructurarase nos seguintes obradoiros:

A. Cultura e práctica da cooperación

B. Sustentabilidade e crecemento das prácticas cooperativas

C. Contexto das prácticas: Institucións, leis e gobernanza

Xa somos aredor de 200 persoas compartindo xuntas experiencias en diferentes talleres!

As demandas e as propostas cidadás resultantes do Encontro presentaránse ós cidadáns e administracións locais dos seis países involucrados (partners) e levaránse a Bruselas en forma de Carta de Dereitos e Responsabilidades.

Máis info: Web de Cooperland
Inscripcións.

 

Bancos do Tempo – Moedas sociais – Hortas Urbás – Cooperativas de vivenda– Montes comunais – Centros sociais – Grupos de consumo –
Mercados de troco – Masa Crítica – Compartir coche – Redes de coidados, …e un amplio etc. en vías de diversificación e expansión!!
Falamos de Prácticas Cooperativas cidadás: Iniciativas baseadas na horizontalidade (de persoa a persoa – P2P) e na búsqueda do ben común.
Prácticas xeradoras de benestar social.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Localización

En algunas ocasiones la localización puede no corresponderse a la realidad.

Entradas populares