Estou no proceso de acadar a programación que ten proxectada O Concello de Vigo respecto o Entroido diste ano. Polo momento atopei información referentes os concursos de disfraces e demáis que haberá por isas datas na cidade.
Descoñecía a existencia dalgúns concursos, e algúns datos de eles parécenme curiosos.
Concurso de coplas:
17 de Febreiro. Na praza da Constitución.
Curiosidade: Máx número de participantes: 6. Por orden de inscrición.
Nota do autor diste blog > Non sei se facer un concurso ‘municipal’ con 6 participantes ten moito sentidiño. Ou cámbiase ou búscase unha fórmula nova, digo eu.
Concurso de comparsas:
O 18 de Febreiro.
O desfile terá lugar entre Isaac Peral e a Porta do Sol.
Prazos de inscripción para os concursos mencionados anteriormente.
Desde o 3 ata o 11 de febreiro, ambos inclusive
Concurso de disfraces:
Martes 21 de Febreiro.
Praza de Compostela.
Para tódalas persoas e grupos que queran.
Inscrición concursos de disfraces:
A inscrición neste concurso se fará directamente na praza de Compostela o día 21 de febreiro, de 17,00 a 18,00 horas.
As bases e as solicitudes atópanse na oficina de Información do Concello. Suxerencia: Penso eu que tampoco costaba nada subir un pdf coas bases.
Tedes máis información na páxina do Concello.
O ‘Equipo A’ estivo nun entroido en Vigo. A foto é propiedad de Iván PC.