¿Qué hacer en Vigo?

Sorteo: Vente cos Reis Magos 2015

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

As Súas Maxestades os Reis Magos convocan a todas as nenas e nenos de Vigo que queiran participar no desfile da Cabalgata de Reis e que teñan nacido entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2007 para que se inscriban no Concurso “Vente cos Reis Magos”.

Reis Magos 2015 Vigo

Para iso as interesadas e interesados deben depositar a súa solicitude de inscrición nas caixas de correos que se instalarán na lonxa da Casa do Concello e nos centros cívicos de Casco Vello, Teis, Coruxo e Saiáns entre os días 1 e 16 de decembro. O sorteo para a selección das/dos corenta acompañantes será o 22 de decembro ás 12:00 horas na Casa do Concello.

Istas son as bases completas do concurso.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.