¿Qué hacer en Vigo?

Concurso de postais de Nadal Fundación Celta

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Concurso de postais para nenos ata os 14 anos. Fai a túa postal de Nadal coa temática do Celta e gaña entradas para ver o equipo na Liga.

Como vén sendo habitual cada ano, a Fundación Celta organiza o seu concurso de postais do Nadal cuxa temática é o Real Club Celta de Vigo. Neste concurso poderán participar todos os nenos que desexen con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos e poderán realizar unha postal que debe ser en tamaño A4 empregando calquera tipo de procedemento pictórico (óleo, acuarela, lapis, ceras, agás colaxe).

A recepción dos traballos será no servizo de atención ao cliente de El Corte Inglés de Vigo a partir do 11 de novembro e finalizará o 14 de decembro.

O concurso dividirase en tres categorías (A: de 5 a 7 anos, B: de 8 a 11 anos e C: de 12 a 14) e os premios consistirán nun trofeo e un cheque regalo para o gañador de cada categoría. Ademais haberá 3 premios para os colexios con maior participación, e un premio especial para a postal máis orixinal que se converterá na postal oficial de Nadal do Real Club Celta. O gañador absoluto do concurso de postais será invitado, xunto cos seus pais a un partido do Real Club Celta da presente tempada de liga. Repartiranse tamén regalos da Fundación Celta.
A entrega de premios realizarase o 22 de decembro antes do inicio do partido Celta – Osasuna.

Bases do concurso

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Localización

En algunas ocasiones la localización puede no corresponderse a la realidad.

Entradas populares