¿Qué hacer en Vigo?

Día de Rosalía de Castro en Vigo

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

En febreiro de 2012, O Concello de Vigo declarou o 24 de febreiro (data de nacemento de Rosalía de Castro) como Día de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta data e achegarnos a poeta e a súa obra vanse desenvolver en Vigo distintas actividades ao longo do vindeiro luns.

No auditorio municipal, a partir das 12:00, Fernando Pereira Bueno, autor do libro “Rosalía de Castro. Imaxe e realidade” , publicado por Edicións Xerais de Galicia, falaralle ao alumando de Bacharelato e da ESO sobre a iconografía da poeta. Ao longo da charla irá analizando “algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala”

Entre as 18:00 e as 19:30 da tarde haberá unha lectura de versos de Rosalía, á que invitamos a toda aquela persoas que se animen a lle “prestar” a súa voz as verbas escritas por Rosalía.

Ás 20:00 da tarde, teremos ocasión de escoitar a Fernando Pereira Bueno (presentado por Isaura Abelairas -concelleira de Normalización Lingüística- e Manolo Bragado -director de Edicións Xerais de Galicia- quen compartirá cos asistentes o seu saber sobre a iconografía rosaliana.

Todas e todos estamos invitados a participar. Más información en: Vigo En Galego.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Localización

En algunas ocasiones la localización puede no corresponderse a la realidad.

Entradas populares