¿Qué hacer en Vigo?

Concerto MetalXis e Mileth o 1 de xuño na Sala Rebullón

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

O día 1 de xuño xuntarase a forza de dúas bandas galegas na Sala Rebullón (Mos) nun concerto que será inesquecíbel.
MetalXis e Mileth actuarán ás 22:00.

MetalXis é unha banda viguesa de recente creación cunha proposta atrevida e pouco convencional que non deixa indiferente a ninguén. Nace en 2016 coa finalidade de dar a coñecer un novo concepto e estilo musical: o Folk metal melódico instrumental.

A banda está formada por once músicos con dilatada experiencia en diversos estilos musicais e amplos estudos académicos relacionados coa música, o que fai que a fusión xurda da creatividade dos mesmos outorgando virtuosismo ao seu estilo. Batería, baixo, dúas guitarras e teclados crean unha base metal dura e contundente e cinco gaitas e unha zanfona crean a atmosfera sonora folk.

O 27 de abril de 2019 presentan o seu primeiro álbum “My white shadow” co selo Rocket Music, cun cheo absoluto e con moi boas críticas musicais. A súa posta en escea transmite a forza do seu novo estilo.

Compoñentes:
Iván Abal: zanfona
Xurxo Fernández: gaita
Andrea Río: gaita
Santi Lage: gaita
Mariña Riomallo: gaita
Suso Riveira: gaita
Diego Sánchez: guitarra
Manu Lamoso: guitarra
Elías Lamoso: baixo
Rober del Río: teclados
Álex García: batería

Mileth é un grupo creado en 2009 na Mariña Lucense, terra de onde emerxe a súa lírica enraizada nos místicos paisaxes do Val do Xistral e afincado en Vigo, que practica Metal Pagán Galaico, ou o que ven sendo o mesmo, unha mistura entre metal extremo, folk e música tradicional galega.

Neste 2019 presentan esta particular fusión no seu primeiro disco: Catro pregarias no albor da Lúa Morta, editado a través do selo ruso SoundAge Productions e do nacional Darkwoods. Un traballo que está a levar por pequenos recunchos do mundo o noso idioma e a nosa tradición máis arcana recreada a través dunha viaxe espiritual inspirada nun vello rito galaico de adoración á Lúa.

Anteriormente gravaron tres maquetas que lle outorgaron unha boa acollida no panorama underground nacional chegando a compartir escenario con bandas internacionais tan destacadas coma Negurâ Bunget, Månegarm ou Skyforger e mesmo a participar en festivais xunto a Skyclad, Rotting Christ, Cruachan ou Hell.

Compoñentes:
Dana da Carballeira: voz, coros
Marcos do Relicario: voces guturais, cantos e coros, bouzouki, zanfona e percusión
Xacobe do Seixo Branco: guitarras, acústicas, voces guturais, coros
Xurxo dos Corvais: guitarra
Cristian da Limia: baixo, bouzouki
Elías do Eido do Clariño: violín, coros, percusión
Adrián Moa: batería (directos)

Unha cita á que non debedes faltar!!!

 

Concerto MetalXis e Mileth o 1 de xuño na Sala Rebullón

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.