¿Qué hacer en Vigo?

Concerto da Real Filharmonía de Galicia

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

A Real Filharmonía de Galicia na Fundación Novacaixagalicia en Vigo.

Haydn, Ives e Hindemith soarán no centro social da entidade na cidade olívica.
Os menores de 35 anos terán a posibilidade de asistiren a un prezo de 5 euros.

O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Vigo acollerá o vindeiro venres 4 de abril, ás 20.30 horas, o concerto en que a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Christoph König, interpretará a Sinfonía núm. 1 en re maior, Hob. I/1, de Franz Joseph Haydn; O aniversario de Washington, núm. 1, S. 5, de Charles Ives; a Sinfonía núm. 9 en do maior, Hob. I/9, de Franz Joseph Haydn; a Suite de danzas francesas, de Paul Hindemith; e a Sinfonía núm. 48 en do maior, Hob. I/ 48 «María Teresa», de Franz Joseph Haydn.

Todas aquelas persoas menores de 35 anos poderán adquirir a súa entrada media hora antes do concerto na billeteira a un prezo de 5 euros.

Nesta ocasión, a Real Filharmonía de Galicia estará ás ordes da batuta de Christoph König, un dos directores máis prestixiosos do panorama internacional. Nado en Alemaña, onde estudou dirección orquestral, piano e canto, recibiu o Premio da Fundación Herbert von Karajan. Desde 2009 é director titular da Orquestra Sinfónica do Porto – Casa da Música e director musical da Orquestra de Solistas Europeos de Luxemburgo. No 2013 foi nomeado, ademais, principal director convidado da Real Filharmonía de Galicia.

A Real Filharmonía de Galicia iniciou a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, onde presenta a súa tempada estable de concertos. O seu primeiro director titular foi Helmuth Rilling (1996-2000), a quen sucedeu Antoni Ros Marbà (2000-2012). Actualmente, Paul Daniel é o seu director titular e artístico. Ademais do mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado e vinculado á RFG desde o seu inicio, e de Christoph König, principal director invitado, tamén dirixen a orquestra outros directores como Frans Brüggen, Juanjo Mena, David Afkham ou Hansjorg Schellenberger, entre outros. Do mesmo xeito xunto á rfg actuaron os mellores intérpretes, por exemplo Frank Peter Zimmermann, Daniel Hope ou Vadim Repin (violín), Natalia Gutman, Lluís Claret ou Enrico Dindo (violoncello), Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder ou Eldar Nebolsin (piano) e cantantes como Teresa Berganza, Thomas Quatshoff ou Matthias Goerne.

Como actividade externa, a presenza nas cidades galegas, así como no resto de España, é de capital importancia, do mesmo xeito que as xiras internacionais que realizou (Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, Portugal). Paralelamente, a vocación pedagóxica da rfg tradúcese en actividades dirixidas aos futuros profesionais da música, a través da Escola de Altos Estudos Musicais, que imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral, cos músicos da rfg como profesores. Tamén organiza concertos didácticos para nenos co Auditorio de Galicia, o que posibilita que cada ano ao redor de sete mil escolares poidan coñecer mellor a música sinfónica. A rfg está xestionada administrativamente polo Consorcio de Santiago e forma parte da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas (aeos).

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Localización

En algunas ocasiones la localización puede no corresponderse a la realidad.

Entradas populares