¿Qué hacer en Vigo?

Concerto Benéfico Gatiños da Rúa

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Concerto solidario para recadar fodos para Gatiños da Rúa. O venres 8 de xullo concerto de Cintaadhesiva e Alfeizar en La Fábrica de Chocolate.

Compartide, invitade a todos xs vosxs amigxs e non vos perdades este evento por nada do mundo! Sabemos do que falamos, será un concertazo!!!

Este evento está creado para recadar fondos para Gatiños da Rúa.
? Conseguimos que PROXECTO CELTACÁNS organice este evento con nós e poña un posto no concerto no que o recadado irá íntegro para Gatiños da Rúa.
? Conseguimos que dous pedazos de grupos, CINTAADHESIVA E ALFEIZAR, ensinen a súa arte para todos vós DE BALDE.
? Conseguimos que LA FÁBRICA DE CHOCOLATE deixe o local, TAMÉN DE BALDE, para facelo posible.

? FALTADES VÓS!!! O venres 8, apertura de portas ás 22h, na r/ Rogelio Abalde, 22.

Entrada (5€) en taquilla ou anticipada nos seguintes establecementos:
-EDYMAR, Buenos Aires, 2
-VEGETARIANO GÁLGALA Pracer, 4
-BAR PRINCESA, Praza da Constitución.

Sobre Ganiños da Rúa – Vigo:

Gatiños da Rúa é unha asociación, sen ánimo de lucro, creada para controlar as colonias de gatxs en liberdade na cidade de Vigo.

E se non podedes asistir e aínda así queredes colaborar podedes coller unha entrada para a fila 0 neses mesmos puntos.
Vémonos alí, non faltedes!!! Pasaremos lista.

cartel-facebook.jpg

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.