¿Qué hacer en Vigo?

Como sobrevivir a unha apocalipse Zombi

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

O próximo sábado estréase en Vigo “Como sobrevivir a unha apocalipse zombi” . Espectáculo que estará todo o mes de Maio en cartel con 11 funcións na Sala Ártika de Vigo.

Como sobrevivir a unha apocalipse Zombi é unha divertida comedia interactiva na que uns “peculiares” profesores poñen a proba os coñecementos do público asistente sobre o mundo zombi.

O director da Escola de Supervivencia, o Dr. Chamorro, axudado polo seu “profesional” equipo de especialistas, impartirá unha clase maxistral na que se ensinará aos asistentes as técnicas adecuadas para sobrevivir á apocalipse.

O público será dividido en dous equipos e terá que participar no espectáculo por medio de votacións. Só o equipo máis forte gañará!

“Como sobrevivir a unha apocalipse zombi” é unha versión do aclamado éxito británico “How to Survive a Zombie Apocalypse” A producción galega é a primeira montaxe do texto que se fai na península. Antes de que Avento Produccións o levase a Galicia outras compañías de Francia, Estados Unidos ou Croacia fixérono nos seus paises acadando premios tan prestixiosos como o Best Comedy Show – Buxton Fringe 2010 e o Best International Show – Hollywood Fringe – 2011.

O elenco da versión galega está interpretado por Suso Pando, Bea Campos, Marcos Alonso, e Xoán Abreu. A dirección corre a cargo de Manuel Pombal e está producido por Avento Producións Teatrais.

Neste grupo artístico podemos atopar actores e directores de tres compañías diferentes do sur de Galicia; Avento Produccións, Fulano Mengano e Citano e Triatreros.

Esta divertidísima comedia que cravará na butaca tanto os adeptos os Zombis como os que nunca virón un diante, estará na sala Ártika de Vigo Beiramar, 113 todos os fins de semana de Maio.

Máis info:

Prezo da entrada 10€

Idade recomendada +12

Datas: Fines de semana de Maio

Venres (13,20,27 )

Sábados (7,14,21,28)

Domingos (8,15,22,29)

Horario: venres e sábado (21:30) domingos (20:00)

Compra da entrada: na taquilla ou ticketea.com

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.