O Certame Nacional de Relato “Vigo Histórico” -organizado pola Editorial Elvira coa colaboración da Federación de Comercio Vigo Histórico, a empresa Tressis e o Concello de Vigo- abriu o pasado venres o prazo de recepción de textos para a súa terceira edición, obras de estilo libre que deben transcorrer en Vigo, ser inéditas e non publicadas previamente.
O primeiro premio ten un recoñecemento de 1.000 euros e un Pack Elvira con libros desta editorial viguesa por valor de 200 euros. Igualmente, o xurado concederá cinco accésits, con 200 euros e o Pack Elvira como galardón. Os seis, así como outros relatos seleccionados, formarán parte dun libro (“Relatos na Rúa”) que será publicado no mes de decembro.
Organizadores, colaboradores e patrocinadores do Certame animaron a participación e salientaron o incremento rexistrado tanto no número de textos presentados (case 200 na edición do ano pasado) como na calidade dos mesmos.
Máis información e bases.