Casting para a obra de teatro: “Que vou facer sen ti?”. Trátase dunha obra producida polos alumnos do IES Audiovisual de Vigo.
Buscamos actores e actrices con idade de actuación entre os 35 e os 80 anos, con vis cómica pero tamén con capacidade de transmitir a dor pola morte dun amigo ou parella na primeira parte da obra sen caer na parodia.
O Xoves 13/02. As probas realizaranse no propio instituto, comezarán ás 17:00 e rematarán ás 21:00.
Sinopse: Aurora, unha muller apoucada dunha vila galega está destrozada pola morte do seu marido Paco, que falece durante unha viaxe de negocios a Barcelona. O enterramento do seu marido atrae a un grupo de veciños e amigos que se achegan a apoiar á viúva e tamén a cheirar un pouco.
Para máis información:
Email: teatroeav@gmail.com