Ata o día Martes 29 de Outubro teremos o pracer de gozar da Exposición de Papiroflexia, baixo a man do gran artesano Antonio Vidal. A exposición pódese visitar no novo local Cánovas del Castillo, 2 baixo, de luns, martes, xoves e venres, entre as 17.00 e as 20.00 horas.
Para completar a exposición ofrecerase un Obradoiro de papiroflexia os días Xoves 24 de Outubro e Venres 25 de Outubro, dende ás 17:00 ás 20:00 h, todo aquel que se achegue polo local, tera a oportunidade de confeccionar o seu propio avión de papel.
Concurso de avións de papel:
O Sábado 26 de Outubre, no Castelo de San Sebastián (detrás do edificio do Concello de Vigo) ás 17.00 horas terá lugar un concurso de voo de avións de papel cos aparatos feitos e decorados durante os dous días anteriores.