Montes de Vigo organiza para o domingo 30 de outubro a Carreira Popular polos Montes de Vigo, que parte nesta ocasión desde Fragoselos.
A carreira de montaña terá un percorrido amable, próximo e fácil no que persoas de todo tipo cun mínimo de ganas de percorrer os montes poderán gozar dun reto ao alcance do gran público.
Montes de Vigo, o nome que agrupa ás 13 comunidades de montes de Vigo está preparado para abrirse ao uso social da cidade con sendeiros para gozar da montaña e moitas outras actividades. O percorrido da Carreira Popular é de 9,5 quilómetros por carreiros de pouca pendente, o que a converte nunha proba accesible para todos.
No marco desta mesma actividade, a outro ritmo tamén se estará celebrando o III Trail Montes de Vigo, no que os corredores máis experimentados de Galicia celebrarán a última proba para a clasificación anual da Copa Galega de Carreiras por Montaña dá FGM. Será pois, unha xornada para gozar do monte a todos os niveis, cun número de participantes previsto de 450 corredores/as.
A inscrición no veneto da dereito, ademáis da participación, a seguros de RC e Asistencia Sanitaria, avituallamentos de carreira e regalos varios. Tamén ó final do percorrido farase entrega dos premios ós primeros das distintas probas e aos campeóns da Federación Galega de Montañismo.
Deportistas especializados e amateurs poderán participar dunha auténtica festa na que gozar dos marabillosos camiños dos nosos montes. Sobes costas en Vigo? Entón estás preparado para gozar dá Carreira Popular.