A carreira de Entroido de Vigo terá lugar o Domingo 7 de Febreiro cun recorrido de 5/10Kms (ou menos, dependendo a categoría). É unha carreira de carácter lúdico e gratuito. Ideal para correr disfrazados!
Tedes ata o 3 de Febreiro para inscribiros na proba.
O Concello de Vigo organiza o 7 de febreiro de 2016, a “II Carreira do Entroido” con saída e chegada na Porta do Sol. Evento que, enmarcado dentro da programación do Entroido de Vigo, terá un carácter sobre todo festivo, polo que se anima a todo o mundo a vir disfrazado.
Poderán participar na mesma, atletas federados e non federados; dándose unha clasificación conxunta dos mesmos.
Distancias e Horarios:
Percorrido:
Rapaces, Nenos, Pequenos e Pequerrechos: desenvolveranse na peonil Rúa do Príncipe. Con saída e punto de encontro no final desta rúa con Praza Porta do Sol.
A carreira absoluta con saída na Porta do Sol, fará un percorrido por Rúa Elduayen, Paseo de Alfonso XII, Rúa Pi y Margall, Rúa López Mora, Avda. das Camelias, Praza da Independencia e continuación por Avda. das Camelias, Rúa de Romil, Rúa da Falperra, Rúa Cachamuíña, Ronda de Don Bosco, Rúa Progreso e Rúa Doutor Cadaval ata Praza Porta do Sol, finalizando aquí os de 5 kms e iniciando unha nova volta os de 10 kms.
Máis información:
No seguinte enlace tedes un pdf co resto das bases, os premios e donde recoller os dorsáis entre outras cousas.
Información carreira do entroido 2016 de Vigo.