Dende o Luns 30 de Decembro ata o Sábado 4 de Decembro.
Imos promocionar a recuperación dunha tradición nosa que a ben certo moitas e moitos de vos recordaredes: cantar os reis.
Recoller o aguinaldo d@s veciños era un dos principais motivos dos cantos de reis tan populares na nosa tradición oral de Nadal. A tradición de reunírense os mozos e mozas para ir de casa en casa cantar estas pezas tradicionais era a mesma por todo o país e o obxectivo tamén: conseguir algo de xantar e algunhas lambetadas para montar unha festa.
Día de Reis, día de Reis,
primeira festa do ano,
entre damas e doncelas,
imos pedir o aguinaldo.
Imos, grazas a colaboración das asociacións de comerciantes de VigoVello, do Calvario , de Rosalía de Castro e das Travesas cantar os reis en Vigo. Ademais contaremos coa participación de membros da A.V do Casco Vello que acompañaran os e as pequechas polas rúas.
O obradoiro, levado por Xandobela, achegaralles aos cativos e cativas esta tradición, aprenderanlles cantos de reis, construirán instrumentos; sairán polas rúas para cantar os reis, pararanse diante de establecementos comerciais, onde -con seguridade- lles achegarán o aguinaldo; en todo momento irán en compañía das e dos monitores e de membros da A.V Casco Vello, que cantarán cos pequechos os reis. Como remate, voltarán o local onde se xuntaron no comezo da actividade.
Convidamos os pais e nais, avós e avoas… a toda a familia a esta actividade que terá lugar no Casco Vello o 30 pola tarde, a partir das 17.00 h, na rúa da Oliva número 14.
Logo o día Xoves 2 de Decembro e á mesma hora, será no local da A.V Fonte do Galo na rúa de Rosalía de Castro n°41, o Vernés 3 de Decembro nas Travesas, nas Galerías Gran Vía tamén ás 17.00 horas, mentres que o Sábado 4 de Decembro será no local da Asociación de Comerciantes do Calvario na rúa de San Roque n°109 a partir das 11:00 da mañá.