Mañán sábado, ás 18.30h no local da Asociación Vigovello (Rúa Oliva 14) terá lugar a representación de “CAMA E CONTO”.
Cama e Conto
“Un espectáculo baseado nas lembranzas de dous personaxes inolvidables, NAI e a súa filla MALVA , que dialogan cos xestos e as palabras pero tamén dándolle vida aos obxectos máis cotiáns nunha montaxe chea de poesía e sentimento.
En “Cama e Conto” trátase o paso do tempo como temática central desde unha visión optimista e pegada á realidade máis cotiá .
A relación entre MALVA e NAI contén un valor exemplarizante e sincero onde podemos recoñecernos como seres humanos complexos pero onde sempre prevalecerá a amizade , o cariño e o respecto como valores inquebrantables.
Unha peza teatral sobre a importancia da lectura e das relacións humanas”
Este sábado 21 no local da Asociación VIGOVELLO, Rúa Oliva 14,ás 18:30h. Entrada de balde!.