Benvidos a Gran Festa do Celtismo: O próximo Domingo o Celta xoga o seu último partido como local en Balaídos e dende a entidade queren facer unha festa para agradecer a toda a afección.
Horarios e actuacións:
12h. Dj Charlie
13h. A Roda
14h. Dj Charlie
15:30h. Los Cacikes, Broken Peach, The Hendersons
17h. Miguel Costas (ex Siniestro Total)
19h. Partido
21:15h. Orquestra Panorama
Actividades:
O partido será ás 19h frente o Real Madrid. As entradas están case esgotadas. Nos arredores do estadio (Tribuna e Marcador), haberá dende o medio día (12h aprox.) actividades para tódolos gustos e idades. Dende inchables, fan zone e actuacións musicáis.Gratis!
Comida:
Ademáis poderás xantar algo, eu aposto a que non faltará o choripán, a empanada ou algunha que outra lambonada– a realidade e que será Catering de Don Pepe e non sabemos moi ben o que porán. Unha forma de pasar todo o día pola zona e disfrutar do ambiente.
Música:
A verdade é que a festa promete, eu penso pasarme e depaso ver cales son as actuacións fináis que teñen preparadas. Fálase de que actuará Iván Ferreiro e a Orquestra Panorama entre outros.
E como sempre o de sempre: Ala Celta!
Fuente horarios de actuacións: Faro de Vigo