¿Qué hacer en Vigo?

A Bela Durminte en Vigo

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

A Bela Durminte de Tchaikovski estará en Vigo o vindeiro 28 de Maio no Centro Cultural Novacaixagalicia. (20:30h)

Representación do Russian Classical Ballet da peza clásica A bela durminte de Tchaikovski. A bela durminte, unha das tres grandes partituras que compuxo Tchaikovski, xunto con O lago dos cisnes e O quebranoces. Para abordar esta clásica obra, a compañía rusa coidou ata o máis mínimo detalle da súa produción, incluíndo tamén a dura selección dos seus integrantes, procedentes todos eles dalgúns dos centros máis recoñecidos do mundo.

O Russian Classical Ballet foi fundado en Moscova en 2004 por Hassan Usmanov, director artístico e bailarín principal da compañía. O grupo está formado por artistas xa consagrados e por novos bailaríns graduados na Academia de Ballet Bolshoi, a Academia Vaganova e outras escolas de danza de gran sona a nivel internacional. O Russian Classical Ballet realizou con éxito xiras tanto por Rusia como polo estranxeiro en países como Austria, Alemaña, Suíza, Grecia, Ucraína, Xapón ou China.

Hassan Usmanov comezou a súa carreira como bailarín no Ballet Clásico de Moscova baixo a dirección de Natalia Kasatkina e Vladimir Vasiliev. Actuou, como solista convidado, co Ballet da Imperial, con The Russian National Ballet Theatre e con outras compañías de Estados Unidos, Xapón e Europa. Hassan Usmanov ten unha técnica brillante e ten sido galardoado con diferentes premios nos concursos internacionais de ballet de Moscova, París, Luxemburgo, San Petersburgo ou Budapest.

A bela durminte, de Tchaikovski, é a historia da princesa Aurora, condenada a morrer pola malvada fada Carabosse. Vendo a gravidade do feitizo, a fada das Lilas suavizou a maldición evitando que a princesa morrese, mais quedando sumida nun profundo sono ata que fose espertada por un bico de amor. Cen anos despois do décimo sexto aniversario de Aurora e tras pincharse cun fuso, consonte as palabras de Carabosse, un príncipe novo e galante aparece para cumprir o destino de eliminar o encantamento.

A bela durminte é un ballet nun prólogo e tres actos. Coa coreografía de Marius Petipa, libreto de Ivan A. Vsevolojsky e do mesmo Petipa e con música de Piotr I. Tchaikovski, estreouse no Teatro Mariinski de San Petersburgo o 3 de xaneiro de 1890.

Ivan Vsevolojski, director xeral dos Teatros Imperiais elixiu a historia do conto de Charles Perrault, e encargou a partitura a Tchaikovski, pedíndolle unha serie de melodías ao xeito de Lully, Bach e Rameau e un grupo de personaxes tomados doutros contos de Perrault. Tchaikovski encarou o seu traballo con entusiasmo e, aínda que pareceu seguir fielmente os pedidos do director e as detalladas instrucións de Petipa, en realidade creou unha obra con valores propios e unha entidade musical dunha dimensión ata entón descoñecida no ballet. Foi, ademais, a súa peza de ballet de máis longa duración.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Localización

En algunas ocasiones la localización puede no corresponderse a la realidad.

Entradas populares