¿Qué hacer en Vigo?

As nosas letras de Muller a Muller

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

A artista compostelá Mareiras inaugura en Redondela a exposición ‘As nosas letras de Muller a Muller’ no marco da Feira do Libro, que se celebra entre 6 e o 9 de xuño na Alameda da vila pontevedresa. A mostra, que toma como punto de partida a obra do mesmo nome, estará durante o evento exposta no espazo común da Feira.

‘As nosas letras de Muller a Muller’ é o primeiro libro de ilustracións de Mareiras, detrás da que está María Eiras. É un percorrido ilustrado polos 59 homenaxeados, 55 homes e 4 mulleres, nas 57 edicións celebradas do Día das Letras Galegas entre 1963 e 2019. As catro escritoras —Rosalía de Castro, Francisca Herrero, María Mariño e María Victoria Moreno— son as protagonistas do volume, que nace ao calor da celebración do 8 de marzo de 2018.

A exposición recolle estes catro debuxos xunto cos retratos de Mareiras doutras mulleres destacadas da cultura e a literatura galega, como Concepción Arenal, María Xosé Queizán ou Yolanda Castaño.

A mostra ábrese ao público o mesmo día 6, coa inauguración da Feira do Libro. Ás 19.30 horas será a lectura do pregón e despois haberá un coloquio no que participará María Eiras xunto coa escritora Elba Pedrosa,e a concelleira de Cultura en funcións, Teresa París Blanco, que será a moderadora.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.